Etiquetas interesantes.

miércoles, 26 de octubre de 2011

VAI PASANDO O TEMPO E...

como xa coñecemos o colexio, ímos cambiar de tema e aprender cousas da casa.
Na clase de 3 Papelote presentoulles ao seu amigo CHUN que os levou a coñecer a súa casa. Despois tod@s xunt@s fixemos casiñas coas pezas de construcción de madeira. Casiña a casiña fixemos entre tod@s unha cidade.



Os de 5, como xa son veteran@s, andan a falar de como vivían os homes hai moitos, moitos anos e como son uns artistas expresan todo o que saben sobre eles, incluídas as súas casas. Non perdades detalle que merecen moito a pena.


;


E, por suposto, non esquecemos o outono, que tardou en chegar pero que agora non da tregua. Na clase da ra Pascuala estiraron plasti, pintaron palillos, picaron... Mañá veredes o traballiño tan ben feito que lograron facer.

2 comentarios:

  1. Seguro que de ahísaldrá algún o alguna arquitectos pues ya se les ve buenas maneras, ¡ja,ja...! Me encanta la miniciudad que habéis construido. Un besazo.

    ResponderEliminar
  2. A cidade quedouvos fantástica e os debuxos dos homes primitivos son xeniais, hai algún que vai sair debuxante fixo porque a cova e o dinosaurio do segundo debuxo é unha verdadeira pasada.Seguro que só teñen cinco anos? Un biquiño.

    ResponderEliminar

Related Posts with Thumbnails Gracias - Mensajes y Imágenes!