domingo, 6 de noviembre de 2011

SEMANA DO MAGOSTO.



O venres, 11 de novembro, na provincia de Ourense celébrase o Magosto na honra do San Martiño. Nós imos traballar durante toda esta semana coas castañas e prepararemos xogos e sorpresas para @s nen@s. Mentras iso chega ollade que cousiñas máis chulis se poden facer con estes froitos secos que o outono nos da. Podedes animarvos e facelos con eles na casa.






Tamén atopamos dous libros LIM no blog da nosa amiga Ana, AULATIC, onde se pode traballar o Magosto cos máis pequech@s e que teñen unha morea de xogos para eles.






E para rematar unhas castañas para imprimir e colorear.









E se alguén se anima a cociñar, nesta páxina atoparedes recetas sinxelas que se poden facer cos nen@s utilizando castañas.




2 comentarios:

  1. Encántame o video moi apropiado, e os bonequiños feitos con froitos do outono está xenial, ao mellor probo a facer os máis sinxelos cos meus. Xa vos contarei, xa. Nós ainda temos que esperar ata o 17 para facer o magosto. Un biquiño.

    ResponderEliminar
  2. Una entrada preciosa y unas ideas geniales. Además los dibujos son lindísimos. Un besazo enorme

    ResponderEliminar