martes, 29 de noviembre de 2011

TIVEMOS VISITA.

Pola mañá Papelote tíñanos un traballo especial. Tiñamos que pintar o telón dun teatro de títeres de cor amarela. Unha vez pintado e ben cheíño de estrelas podía empezar a función. Tamén había que marcar a marioneta que estaba triste.
Triste e ben triste estaba a sorpresa que a profe Rita non tiña agochada.


Trátabase dun saltón que se chamaba Ernesto. Ernesto estaba moi triste pq tiña unha patiña máis curta ca outra e non podía saltar. Pero... ao final coa axuda dos seus amigos conseguiu saltar.


Ollade, ollade.

Despois marcharon para o ximnasio para demostrarlle a Ernesto que eles tamén saben saltar e xogar moi ben.

Ademais, vai visitar todas as clases e deixounos uns traballiños para que non nos esquezamos del.



1 comentario: