lunes, 7 de mayo de 2012

O PROXECTO DOS VERMES VAI AVANZANDO...

e o grupo de traballo para a elaboración de libros LIM, no que participamos as profes de infantil do Calvo Sotelo e Uceira, vai dando os seus froitos.
Neste LIM en concreto, collemos o conto que nos mandou a Xunta e buscamos uns narradores moi especiais. 
Está contando pol@s nen@s da clase da profe Carmela. Fixérono xenial, tendo en conta que era a primeira vez que lían en letra de imprenta e que o resultado da súa lectura, xa hai uns días, vano ver no cole mañá. 
Ademais van a ser eles @s encargad@s de contarlle aos seus compañeir@s de 3 e 4 anos o conto. 
Mañá xa vos contaremos con fotos a experiencia.





Aproveitar tamén a ocasión para darlle as grazas a Ana, pola súa paciencia e pola súa incansable axuda. Bicos.


E despois toca xogar un chisco con este xogo de vodoque onde os protagonista son  uns vermes moi coloridos.

2 comentarios:

  1. Gustaríame ver por un buratiño as caras que poñen os nenos e nenas cando vexan o conto narrado por eles. Fixéronno moi ben e o lim quedouvos fantástico. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. gRACIAS CHICAS!!

    YO ESTOY CON LOS GUSANOS TAMBIÉN LIADA, ESTOY TRABAJANDO LA ORUGA GLOTONA, Y ESTE CUENTO ME HA GUSTADO MUCHO, QUE PENA QUE NO ESTÉ EN CASTELLANO PARA MIS NIÑOS.

    AH, Y EL JUEGO...ME VIENE GENIAL PARA MAÑANA QUE TOCA PC.

    GRACIAS!!!

    BESITOS!!!

    ResponderEliminar