Etiquetas interesantes.

miércoles, 24 de octubre de 2012

Non, ti non, que nos podes.

non, ti non, que non sabes.
non, ti non, que es pequen@.

Por favor, papá e mamá ensinádeme a:

*Limparme so/soa o cuíño ( non mo limpes ti).
*Lavarme e secarme as mans (non mas laves ti).
*Poñerme e quitarme a mochila (non ma poñas ti).
*Colgar a roupa na percha  ( non ma colgues ti)
*Sacar a palliña do zume da súa funda ( non ma saques ti).
*Sonarme os mocos e limparme cun pano ( non mo fagas ti).
*Abrir e pechar un taperware ( non mo fagas ti ).
*Subir e baixar a roupa so/soa para ir ao baño ( non mo fagas ti ).
*Abrir e pechar a botella da auga ( non mo fagas ti ).
*Abrir e pechar a mochila soa ( non mo fagas ti).
*Dar as grazas e pedir as cousas por favor.
*Saudar e despedirme cando entro ou salgo dun lugar.
*Falar, non entendades todo.

Este é un fragmento dun artigo que non invita a reflexionar, especialmente no caso dos peques de 3 anos, aínda que somos tod@s moi dad@s a facer antes de ensinar. Pouco a pouco, na casa hai que facer o que se logra no cole, a ensinar non a facer, porque eles son capaces de facer todo, aínda que no principio necesitan da nosa axuda, pero axudar non é que o fagan os adultos.
Se queredes ver o artigo completo, podedes visitar os blogs AULA INFANTIL e tamén en LA CLASE DE MIREN.
Esperemos que vos guste.

1 comentario:

  1. Moi bo artigo, profes. As veces os pais e nais nos olvidamos de que hai un montón de cousas que poderían facer eles soíños. Unha aperta.

    ResponderEliminar

Related Posts with Thumbnails Gracias - Mensajes y Imágenes!