sábado, 15 de diciembre de 2012

Seguimos atopando máis Papá Noel no cole.



Non so os peques estiveron a traballar coa figura de Papá Noel. Na clase de 4 anos, fixérono con volume.
O modelo foi sacado da páxina web de Krokotak
Alí atoparedes as plantillas para imprimir. Despois cartulina negra ou non. Recortar e picar e xa o temos listo.

Tamén atopamos outro Papá Noel, pero esta vez moi ben acompañado por unha morea de folerpas moi especiais, que so as hai no cs. Nos estamos moi orgullosas delas. Que vos parecen?


Para os que se animen durante o fin de semana, unha idea distinta para pasar un bo rato, facendo sinxelos adornos para a árbore de Nadal. Se queredes saber un pouco máis pinchade enriba da imaxe.



Hai bastantes peques pachuc@s. Esperamos que durante o fin de semana descansen moito e estén de novo connosco o luns, pasa rematar deste xeito este trimestre.
 Bicos para tod@s.
Aproveitamos tamén a ocasión para mandarlle un moi grande a Lupe. 


7 comentarios:

  1. O Papa Noel quedouvos precioso, quédome coa idea pois é sinxelo de facer e queda moi vistoso, pero sen dúbida prefiro as folerpiñas. Que bonitiñas que son! Un biquiño para todos sobre todo os enfermiños e unha aperta para vos. Boa finde!

    ResponderEliminar
  2. Un bico moi grande tamén para vós, especialmente para os meus "pícaros" de cinco anos.
    Estavos quedando precioso o cole coa decoración de Nadal ¡Que ben traballan e que maiores se están facendo!

    ResponderEliminar
  3. Quedáronvos preciosos, o Papa Noel e mailas folerpas, que son xeniais. ¡¡Unha aperta profes!!

    ResponderEliminar
  4. Nós tamén nos quedamos coas folerpas, pero sen esas folerpas non teríamos os Papá Noel, xa que foron as súas mans as que os fixeron. Cada unha mándache un bico e nós tamén.

    ResponderEliminar
  5. Nós tod@s xuntos, nenos e profes mandámoscho de volta encantados. E por suposto que se fan maiores, sobre todo os teus. Unha aperta de Nadal moi especial para ti.

    ResponderEliminar
  6. Grazas, Dolores, eles fixérono encantados. Un bico para ti tamén, acompañado dalgunha folerpiña.

    ResponderEliminar
  7. Está todo precioso, FELICIDADES!!!, biquiños

    ResponderEliminar