jueves, 24 de enero de 2013

Xogos populares.

O equipo de Normalización Lingüística do cole propúxonos a elaboración entre todos os cursos de infantil e primaria  dun libro de Xogos Populares. Cada curso ten que escoller un xogo e recoller nunha folla o nome, nº de xogadores, como se xoga... A nós tocounos comezar o libro e escollemos o xogo da Pita Cega. Os peques de 3 anos puxeron o título, os de 4 e 5 escribiron o  texto  e fixeron unha ilustración da pita. Despois do traballo e de  coñecelo era xusto xogar a el, e a verdade e que mereceu moito a pena.





















E que vos parece a nosa pitiña ?  Non nos quedou moi claro se perdeu unha agulla ou un dedal o que está claro que coa axuda de todos logrounos atopar.



Así quedou o traballiño rematado.




9 comentarios:

  1. Esta organización ben do neno

    ResponderEliminar
  2. Que ben o pasáchedes! Seguro que vos queda un libriño ben fermoso. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  3. Que cara de felicidade teñen todos, seguro que o libro queda chulísimo. un saudo. :)

    ResponderEliminar
  4. Lourdes González25/1/13, 10:43

    Pasárono en grande.Uxía desfrutou un montón e ata se durmíu cantando a canción da Pita cega.Un saúdo.

    ResponderEliminar
  5. Ana, pasárono xenial e por fin xa está rematada a páxina que nos tocaba! Fixeron os peques un gran traballo. Bicos.

    ResponderEliminar
  6. Voltar a un xogo de toda a vida foi para eles algo distinto. Despois tamén houbo que traballar un chisco escribindo e facendo un debuxo que quedou xenial. Un bico, Vero e feliz fin de semana.

    ResponderEliminar
  7. Iso Lourdes quere dicir que lle gustou e polo menos aprendeu algo novo para ela e vello para nós. Esperemos que cambie o tempo e poidamos repetilo no patio. Un bico e feliz descanso.

    ResponderEliminar
  8. A recopilación de xogos populares é unha idea estupenda e a vosa pita co xogo quedouvos xenial. Vese que pasaron un ratiño ben divertido xogando ¡¡noraboa e biquiños!!

    ResponderEliminar
  9. El juego se ve divertido, gracias por compartirnos tan bellas experiencias realmente muy valiosas.

    ResponderEliminar