Hoxe pola mañá Pascuala estaba na alfombra colocada cunha bolsa pechada. Formulamos hipótesis sobre o contido da bolsa: xoguetes, unha tarta, un coco... Pronto soubemos o que tiña: aguacate, tomate, cebola, sal... para preparar o GUACAMOLE, que é unha comida típica de México, o país onde naceron os amigos de Pascuala, Rosalía e Fernando. Ao final tod@s o probaron, a uns gustoulle a outros nadiña, pero o caso foi probar. Unha experiencia máis para gardar no peto.
¡Menuda sorpresiña tiña Pascuala! Son moi valentes por probar novos sabores. Unha aperta.
ResponderEliminarA verdade que houbo de todo. Todos probaron aínda que con dúbidas, e outros repetiron. Polo menos podemos dicir que sabemos o que é o guacamole. Bicos, Ana.
ResponderEliminarAntía chegou a casa toda contenta decidindo que comera comida do sitio donde nacera papá, o que non me quedou claro e se lle gusta ou non :) un biko e feliz fin de semana profes.
ResponderEliminarPolo menos foi das poucas que repetiron! A mágoa foi que so as probara ela. Bicos, en especial para Aroa, para que volte pronto ao cole.
ResponderEliminar:) se repetiu e que lle gustou. Aroa mandavos un besiño (a ver se luns xa pode ir, hoxe outra vez con fiebre :( ) Aroa e unha loca por os tacos e a comida mexicana asique seguro que lle gustaba :)
ResponderEliminarQué rico debía estar,lástima que Alejandra non fora,ainda que non estou segura de que o probara,co rariña que é para comer....e iso que a mazá no cole comea e na casa non hai forma
ResponderEliminar