martes, 30 de abril de 2013

En Psicomotricidade xogamos ao Twister.

Para os que non se lembren o TWISTER é un xogo onde os protagonistas son uns círculos de cores (vermello, azul, amarelo e verde) e onde hai que poñer a man (esquerda ou dereita) e o pe (esquerdo ou dereito) no círculo que toque. Eles hoxe tiveron a posibilidade de probalo e o pasaron xenial. 
Se queredes saber máis cousas, non dubidedes en visitar a wikipedia.

lunes, 29 de abril de 2013

O luns pasado celebramos o Día da Terra...

plantando sementes e comprender deste xeito a importancia que teñen as plantas na vida da terra. Ademais temos que coidalas para conseguir que a planta medre e que despois teñamos flores, sobre todo nesta estación do ano, onde as grandes protagonistas son elas.







Ollade que contenta está a terra!


Unha semana despois témolas colocadas nun lugar moi luminoso, pero de momento aínda non atopamos nada. Toca esperar.


E como esperar é un chisco aburrido imos traballando cousiñas sobre a primavera.


sábado, 27 de abril de 2013

DÍA DO LIBRO

Celebramos por todo o alto o Día do Libro, cunha morea de actividades. Aproveitamos tamén a hora de informática para que os grandes protagonistas foran os libros, ademais cada un trouxo ao cole un dos nosos libros preferidos e os maiores ata escribiron un conto. 
O noso desexo é que os libros sexan os nosos grandes compañeiros de aventuras, todos os días do ano.




Cantos cumples !!!


martes, 23 de abril de 2013

23 de abril, nova conmemoración.

Onte celebramos o Día da Terra e hoxe toca o Día do libro, tan importante como a anterior. 
Entre todas as clases do cole estamos elaborando un conto, pero non é un conto calquera. Vai ser un conto que vai viaxar moi, moi lonxe, ata outro continente. Ademais non ten título e non ten ilustracións. Por que ? A resposta é moi sinxela. A profe Inma ( a nosa profe de inglés) propúxonos a todos a elaboración dun conto para mandar a Senegal e o equipo de Normalización Lingüística deunos unha serie de pautas e iniciamos unha viaxe para conocer a Escola La Ruah-Dakar-Senegal. Queredes coñecela? Pinchade enriba da imaxen.


Nós no cole tamén traballamos con estas imáxenes e viaxamos desde O Carballiño ata Senegal.


Despois entre todos creamos e escribimos o conto que tiña cando saíu do noso cole como protagonista unha estrela. Pero esa estrela que era un chisco rebulideira non ía parar quieta.
Nestes intre anda de viaxe polas clases de primaria.
Agora so nos queda esperar o seu remate e esperar que @s nen@s de Senegal unha vez que o traduza Inma, o ilustren e lle poñan título.
Nós tamén estamos a espera de que o seu conto chegue, xa vos contaremos!

Desde o noso cole imos realizar una colleita de material, para mandar para Senegal. No caso de Educación Infantil, recolleremos un lápis e unha goma. Lembrade que é algo totalmente voluntario.

Tamén xa temos preparados uns marcapáxinas para que os peques os empreguen na casa.

Ademais marcharon para a casa cun recadiño moi especial: TRAER AO COLE O SEU CONTO PREFERIDO. Mentres esperamos, aquí quedan uns libros moi especiais.


Non podemos esquecer que tamén andan de viaxe polas casas tres libros viaxeiros, que xa teñen uns protagonistas: una bolboreta, unha princesa e un cabaleiro. Estamos desexando que rematen para poder contar os contos!
Grazas a todos pola vosa colaboración.

 

lunes, 22 de abril de 2013

22 de abril, DÍA DA TERRA

Un día que lembra que temos que coidar do noso planeta, pero todos os días do ano. Para hoxe temos preparada unha fichiña e algo máis. Xa teredes novas. FELIZ DÍA DA TERRA!

lunes, 15 de abril de 2013

Hoxe saíron do cole tres libros viaxeiros.

ÉRASE UNHA VEZ .... e como comezan cada un dos contos que hoxe marcharon para a casa. Hai un conto laranxa, un conto vermello e un conto verde, e dicir, da cor dos nosos mandilóns. Cada nen@ coas axuda da súa familia iniciará ou seguirá o conto, de xeito que o conto visite cada unha das casas, facendo so unha páxina do mesmo. 
No caso dos peques de tres anos o conto poderá estar en cada casa dous días.
O conto vermello e verde (4 e 5 anos) voltará ao cole ao día seguinte.
Xa iredes vendo como evolucionan.
Seguro que quedan chulísimos!!!!

Feliz cumple, Izán !!!!

O venres pola mañá celebrou o seu cumple no cole IZÁN. Para celebralo trouxo ao cole unha deliciosa tarta de chocolate, co seu nome de cores. 


A nós interounos sobre todo a letra n, pq estiveron a traballar coa cor azul, coloreando unha hortensia.



miércoles, 10 de abril de 2013

ACLARACIÓN.

Ante o titular de prensa aparecido na Rexión do mércores día 10 de abril, indicar que non se refire ao Transporte Escolar da Uceira, senón ao transporte que o Concello de O Carballiño pon para as familias madrugadoras. Un transporte que nada ten que ver co CEIP CALVO SOTELO nin coa Consellería de Educación. Depende unicamente do Concello de O Carballiño.

Enlace á noticia.


Fotos de hoxe...

como o cumple de Kevin, a semana pasada, que levou para a casa unha felicitación moi especial, feita por todos os peques da súa clase.


E fotos de toda unha vida, con moitos anos e moitas historias que contar. En nome das profes e tamén do Equipo de Extraescolares, darvos as grazas pola vosa colaboración.

lunes, 8 de abril de 2013

E rematamos a semana...

con un contacontos chamado Iago, que nos veu contar un conto moi chuli dunha vaca, chamado Linda a espreita.  En nome de tod@s dámoslle as grazas ao equipo da biblioteca do cole por este agasallo en forma de conto.




Linda da un leite riquísimos que se encarga de repartir un personaxe moi especial do País das Letras, que hoxe coñeceron os peques de catro anos, o leiteiro. 



miércoles, 3 de abril de 2013

A viaxe en autobús.



E por suposto, non podían faltar os seus debuxos da peli.

Hoxe pola mañá fomos ao cine.

Por fin hoxe fomos a ver LOS CROODS. Para algún foi a súa primeira viaxe en autobús. Portáronse xenial! Unhas fotos rapidiñas. Pola tarde colgaremos máis.





lunes, 1 de abril de 2013

O 2 de abril é o Día Mundial de Concienciación do AUTISMO.


Se queres colorear o teu lazo do autismo co ordenador aquí vos queda o enlace. Despois de pintalo imos saber o que significan cada unha das cores que forman parte del, e por suposto, sumarnos a unha causa que afecta a cada vez máis nen@s, e da que é necesario saber un pouquiño máis.