Etiquetas interesantes.

martes, 23 de abril de 2013

23 de abril, nova conmemoración.

Onte celebramos o Día da Terra e hoxe toca o Día do libro, tan importante como a anterior. 
Entre todas as clases do cole estamos elaborando un conto, pero non é un conto calquera. Vai ser un conto que vai viaxar moi, moi lonxe, ata outro continente. Ademais non ten título e non ten ilustracións. Por que ? A resposta é moi sinxela. A profe Inma ( a nosa profe de inglés) propúxonos a todos a elaboración dun conto para mandar a Senegal e o equipo de Normalización Lingüística deunos unha serie de pautas e iniciamos unha viaxe para conocer a Escola La Ruah-Dakar-Senegal. Queredes coñecela? Pinchade enriba da imaxen.


Nós no cole tamén traballamos con estas imáxenes e viaxamos desde O Carballiño ata Senegal.


Despois entre todos creamos e escribimos o conto que tiña cando saíu do noso cole como protagonista unha estrela. Pero esa estrela que era un chisco rebulideira non ía parar quieta.
Nestes intre anda de viaxe polas clases de primaria.
Agora so nos queda esperar o seu remate e esperar que @s nen@s de Senegal unha vez que o traduza Inma, o ilustren e lle poñan título.
Nós tamén estamos a espera de que o seu conto chegue, xa vos contaremos!

Desde o noso cole imos realizar una colleita de material, para mandar para Senegal. No caso de Educación Infantil, recolleremos un lápis e unha goma. Lembrade que é algo totalmente voluntario.

Tamén xa temos preparados uns marcapáxinas para que os peques os empreguen na casa.

Ademais marcharon para a casa cun recadiño moi especial: TRAER AO COLE O SEU CONTO PREFERIDO. Mentres esperamos, aquí quedan uns libros moi especiais.


Non podemos esquecer que tamén andan de viaxe polas casas tres libros viaxeiros, que xa teñen uns protagonistas: una bolboreta, unha princesa e un cabaleiro. Estamos desexando que rematen para poder contar os contos!
Grazas a todos pola vosa colaboración.

 

4 comentarios:

  1. Poís Alejandra non dixo nada,e iso q veu a Santi q levaba dous contos ó cole...seguro q estaba en babias cando se dixo :),á tarde q escolla un.feliz dia do libro profes e moi bonitas as fotos :)

    ResponderEliminar
  2. Bonitas e ilustrativas do que acontece mais aló do que vemos e nos imaxinamos,pero o bo é que sempre hai alguén que loita, neste caso pola educación, ainda que os gobernos que deberian apoialos non o fagan...a idea do libro é moi boa,vai ser un libro moi especial,seguro que sí.

    ResponderEliminar
  3. Un proxecto super bonito o de Senegal, as nenas están todas emocionadas co tema. En canto os contos... xa vedes que diferentes son estas duas :) bikos e feliz día

    ResponderEliminar
  4. Encántame a vosa idea do conto viaxeiro ata Senegal. Seguro que cando lles chegue estarán emocionadísimos. O marcapáxinas é chulísimo e eses libros viaxeiros que circulan polas casas sen dúbida serán de admirar. Xa nolos amosaredes . Unha gran aperta e Feliz Día do Libro!!!!!!

    ResponderEliminar

Related Posts with Thumbnails Gracias - Mensajes y Imágenes!