Etiquetas interesantes.

miércoles, 29 de mayo de 2013

O NOSO COLE FOI SELECCIONADO COMO EXCELENTE NOS PROXECTOS DE INNOVACIÓN EN DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA.

Ao longo deste  curso escolar estivemos traballando cun proxecto de elaboración propia chamado OLLIÑOS LECTORES, un método de lectura feito en língua galega, basado no método DOMAN, e posto en práctica nas aulas de Educación Infantil do Calvo Sotelo e Uceira e tamén con alumn@s con dificultades para iniciarse na lectura. Reunida a Comisión de Selección o noso proxecto figura entre os cinco puntuados como excelentes:


1. Palabras de Pedra-Proxecto Mámoas. IES Marco Camballón de Vila de Cruces e IES Máximo Romero de Lema de Zas.
2. Fala Moaña-CEIP Quintela de Moaña.
3. Olliños Lectores-CEIP Calvo Sotelo de O Carballiño.
4. Dobraxe e subtitulado ao galego de curtas de distribución libre. IES Daviña Rey de Monforte.
5. O galego, dende o silencio-IES Arcebispo Xelmírez I de Santiago de Compostela.
Ademais da dotación económica para o centro, levarase a cabo a difusión da experiencia a través da rede e a publicación dos materiais educativos producidos.
Estamos encantadas da selección e tamén dos resultados que recollemos coa posta en práctica dos OLLIÑOS LECTORES. Trátase dunha selección de palabras+imáxenes que se traballan por semanas ao longo de todo o curso e que se lle presentan en tres momentos distintos da xornada escolar, e que cambian en función da edade dos nenos. Nestas imáxenes recóllense unha sesión práctica en cada unha das clases de Educación Infantil.






12 comentarios:

  1. Noraboa polo recoñecemento de este grande proxecto.Un bico moi grande para as profes e a pasalo moi ben maña na excursión,esperemos que acompañe o tempo.

    ResponderEliminar
  2. Noraboa polo recoñecemento de este grande proxecto.Un bico moi grande para as profes e a pasalo moi ben mañá na excursión,esperemos que acompañe o tempo.

    ResponderEliminar
  3. Muchas felicidades por el premio,biquiños

    ResponderEliminar
  4. Muchas felicidades por un estupendo trabajo. Un saludo y a disfrutarlo.

    ResponderEliminar
  5. Felicidades chicas. A mi también mr gusta la metodologia de los aprwndizajes tempranos.
    Un saludo.

    ResponderEliminar
  6. Hola profes, os he dejado una sorpresilla en mi blog Cocinando en la escuela. un besote.

    http://cocinamosenlaescuela.blogspot.com.es/

    ResponderEliminar
  7. Moitisimas felicidades profes!!!!!!biquiños

    ResponderEliminar
  8. ¡¡ Moitísimas felicidades por ese merecidísimo recoñecemento!!! Está claro que un bo traballo sempre trae a súa recompensa. Alegrámonos moito. Bicos, profes.

    ResponderEliminar
  9. Que gran noticia, profes! Moitísimas felicidades. Alédome un montón por vós. Unha gran aperta.

    ResponderEliminar
  10. felicidades!!! esto e unha recompensa a todo o esforzo que mostrades dia tras dia cos nosos cativos...bicos

    ResponderEliminar
  11. ¡¡Felicitacións profes por un estupendo traballo!! ¡¡Biquiños!!

    ResponderEliminar

Related Posts with Thumbnails Gracias - Mensajes y Imágenes!