jueves, 2 de mayo de 2013

Pola tarde tivemos unha visita moi especial.

Era Nelly, a nosa conserxe, que cando lle faltaban 15 días para se xubilar, tivo que ser operada e non se puido despedir dos peques, nin os peques dela. Así que hoxe aproveitando a súa visita todos xuntos lle deron as grazas por unha morea de cousas: curarnos tan ben, por axudarnos, por limpar o que a veces manchamos... Ela traía un agasallo para eles, pero eles tamén lle tiñan preparado algo.




 As profes estamos un pouquiño tristes pola súa marcha, aínda que sabemos que agora vai a descansar e disfrutar . So temos palabras de agradecemento e de cariño, pola súa  e os coidados que tiña para tod@s (profes, nen@s e pais/nais). O cole queda cheo de recordos e de traballos feitos por ela que conseguían que o centro fora un lugar máis chuli onde estar (algún aínda por rematar).

Marta, Raquel, Isa, Nelly e Carmela.

GRAZAS POR TODO!!
 Como profes, como nais de alumn@s que estiveron no centro e sobre todo, como amigas.

6 comentarios:

  1. Un Bico enorme para Nelly, todos a imos botar en falta(profes, nenos e nais/pais).Agora que aproveite para descansar e disfrutar.

    ResponderEliminar
  2. Outro besazo para Nelly,grazas por todos estos anos,unha aperta moi grande.

    ResponderEliminar
  3. Sei que todos a vades botar moito de menos, nos os papás tamén. Para as nenas, Nelly e moito maisss ca conserje, Nelly e a enfermera, e ca que falar, e a que axuda a por as cousas bonitas....Pero bueno, despois de tantos anos xa lle toca descansar e disfrutar, unha pena que empezase con mala pata, pero seguro que en nada xa está perfecta e ira a facervos moitas visitas. Desde a miña casa mandarlle o mais grande dos bikos dos catro e a mais grande das GRACIAS.

    ResponderEliminar
  4. Imaxino que por unha banda, estaredes moi tristes pola súa despedida pero por outra ledas pensando en que por fin vai poder descansar e adicarse a outras cousiñas. Sempre da pena despedir aos que se van. No meu cole este ano xa despedimos a dúas profes que se xubilaron.
    Por certo, alédame poñervos cara e nome ,ji,ji Unha aperta.

    ResponderEliminar
  5. Tanto Lourdes, como Elvira e Vero saben que @s peques a queren un montón pq é quen estaba alí, sempre que tod@s a necesitabamos. Nós lles daremos da vosa parte todos os bicos e cariño que gardan os vosos comentarios. É a mellor recompensa que pode ter calquera. Grazas e bicos tamén para vós, pero por partida doble.

    ResponderEliminar
  6. Claro que nos alegramos que marche a descansar, pero Ana, ti ven o sabes que os primeiros tempos costa.
    Xa que nos coñeces a todas, que saibas que todas che mandamos un bico moi especial.

    ResponderEliminar