Etiquetas interesantes.

domingo, 2 de junio de 2013

CRÓNICA DUNHA EXCURSIÓN.

O xoves ás 9:15 tiñamos tod@s unha cita moi importante: estar na Veracruz para ir de excursión a O Grove. Éramos unha morea: 98 nen@s e 9 profes, xa que educación infantil do Calvo Sotelo e da Uceira ían xuntos. Tod@s foron puntuais e o autobús arrancou ás 9:30.


Chegamos a O Grove ás 11:15 da mañá e tras tomar unhas galletas subimos ao catamarán onde bailamos, cantamos, ensináronnos as bateas e tamén houbo quen puido conducir o barco e darlle de comer ás gaivotas.

Tamén as profes fixemos  unha foto todas xuntas!

Rematado o viaxe en catamarán fomos repoñer forzas ao Monte Siradella, Rematada a comida chegou o momento para o xogo libre.

Rematado o xogo fomos para o Acuario onde coñecemos unha morea de animais como os tiburóns, os cabaliños de mar, as estrelas de mar, as morenas, raias... Ao saír do acuario como premio polo ben que se portaron un xeado.

Tras un día de tanta actividade emprendemos o viaxe de volta. Foi un día fantástico para tod@s!!!

8 comentarios:

  1. Simplemete Xenial!! gracias profes, tanto a vos as 4 como as da Uceira, gracias por un día que non van esquecer e gracias por compartirlo con nos, os papis, con estas fermosas fotos. un bikiño.

    ResponderEliminar
  2. Podemos asegurar que tamén as profes pasamos un día xenial ! No nome das nove moitas grazas! Bicos con cóxegas incluídas ! As túas peques seguro que o entenden.

    ResponderEliminar
  3. Vexo que o pasáchedes fenomena! As profes estabades moi guapas. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  4. Claro que si, fenomenal! Graciñas polo piropo en nome de todas as profes. Bicos.

    ResponderEliminar
  5. Que ilusión poder ver nas fotos o ben que o pasastes.Gracias a todas .É un recordo precioso para eles e para os papás.Bicos.

    ResponderEliminar
  6. Elvira s4/6/13 7:55

    Eu tamén me sumo os agradecementos,tanto polo bo día que pasaron como por estas fotos tan bonitas e que tanta ilusión nos fan,de novo,moitas gracias por todo profes.bicos

    ResponderEliminar
  7. Moitisimas grazas por esta reportaxe...non me extraña que viñesen tan cansados por que foi un dia moi completo......ahora entendo por que dice que canto falta para o ano que ven....un bico a todas

    ResponderEliminar
  8. Pensade que foi un día xenial! Tivemos bo tempo, mareos os xustos, todo saíu sobre o programado. Que máis podemos pedir! Moitas grazas a volas tres polos vosos comentarios! Bicos.

    ResponderEliminar

Related Posts with Thumbnails Gracias - Mensajes y Imágenes!