miércoles, 5 de junio de 2013

O 5 DE XUÑO CELEBRAMOS O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE.

Na visita ao acuario do Grove aos nen@s chamoulles moito a atención o esqueleto dunha balea. Pero ese esqueleto ensinounos unha lección moi importante, xa que esa balea tiña a súa barriga chea de plásticos que confundiu con comida e que para a vida dos animais pode ser moi perigosa. Eles prometeron que ían transmitir unha mensaxe moi importante: non tirar lixo nunca en ningún sitio. 
O mesmo que lle ocurriu á balea pásalle a moitos animais e plantas do noso planeta. Entre eses animais están os elefantes. Un deles foi o protagonista dun traballo colectivo de tod@s @s peques a partires dun conto, onde o fundamental é o traballo en equipo. Tomemos exemplo e levemos a cabo un traballo colectivo, día a  día, para coidar o medio ambiente. Nas nosas mans está!
Así traballamos o conto de ELMER.








2 comentarios:

  1. pues una buena combinación, acuario, elefante de colores y día de medio ambiente. Un beso verde.

    ResponderEliminar
  2. Elvira S6/6/13, 1:20

    Qué bonito quedou o elefante!!!a verdade que o da balea impresionoulles porque Alejandra é de poucas palabras e sin embargo foi o primeiro que contou,nós intentamos ensinarlle o respeto ós animais e plantas dende os mais pequerrechos,esperemos conseguilo...a todos nos gustaría ser Elmer pero cada un é diferente,igual que as cores que o fan tan bonito.Biquiños

    ResponderEliminar