miércoles, 30 de octubre de 2013

Que pouco queda xa!

sobre todo no cole! Estamos na conta atrás! So queda un día para coñecer cousiñas do Samaín e para decorar o cole.
Decoramos a porta seguindo a idea de Ana de Aulatic.


Xogamos coa pizarra a tallar cabazas, despois de tallar entre tod@s unha e tamén fixemos un títere que onte marchou para a casa.


Fixemos un morcego, que están acompañadas por dúas cabaciñas que trouxeron ao cole decoradas Marina e Alejandra.


E non podía faltar un conto! Coñecemos a Fermín o protagonista do conto SAMAÍN, que na noite do 31 por comer máis dunha ducía de castañas cambiolle o pelo de cor. E no lugar de facer cada un unha ficha ou debuxo do conto fixemos un Fermín xigante que nos serve de decoración do pasillo.

2 comentarios:

  1. Que chulo quedou todo! A porta encántanme (que vou dicir eu, ji ji), os morcegos quedaron fabulosos, o títere fenomenal e Fermín... é unha auténtica pasada. Disfrutade da ponte e MOI FELIZ SAMAÍN, PROFES!!!!!

    ResponderEliminar
  2. la bruja impresiona y los niños trabajando... es un gustazo. Gracias y feliz Samaín.

    ResponderEliminar