jueves, 17 de octubre de 2013

Xoves pola tarde...

toca proxecto. Xa vos contamos que os peques de 5 anos adicaban a tarde do xoves a aprender cousas sobre as abellas porque a súa mascota tamén é este animaliño. Grazas a axuda desinterada de claustro blogs e montóns de blogs acadamos unha gran cantidade de informacións e recursos que fan que sexa máis doado levalo a cabo. Tamén os peques de 4 anos adicaron a tarde de hoxe a aprender cousas sobre as ras, xa que Pascuala, a súa mascota é unha ra. Voltamos dar as grazas pola vosa axuda e tamén ás familias que fan posible que en cada unha das clase haxa unha morea de libros, xoguetes e cousas destes animais. 
Houbo quen tiña un disfraz de ra e mandouno para que os peques o probasen e xogaran con el. Todos se converteron en ras. Despois xogaron co ordenador e fixeron unha mandala. Un excelente comezo!





3 comentarios:

  1. ¡Encántame o disfraz! :) Un saúdo

    ResponderEliminar
  2. Os peques están moi ilusionados co proxecto, con aprender máis sobre as rás e con levar cousiñas para o cole. A nós como pais, encántanos poder colaborar convosco e aportar o noso granciño de area, aínda que sexa pouco. O do disfraz de rá foi moi comentado onte, fíxolle moita ilusión. Moitas grazas a vós por propoñer estas actividades e permitirnos colaborar a todos. bikiños

    ResponderEliminar
  3. A verdade que con estas pequenas aportacions os nenos a parte de aprender collen respeto e cariño os animais e que,ainda que sexan pequeniños enseñannos moreas de cousas,Alejandra xa non lle ten tanto medo as abellas e todo gracias as profes e o traballo na escola....moitas gracias profes!!!!!

    ResponderEliminar