domingo, 8 de diciembre de 2013

COMEZA A CHEGAR O NADAL AO COLE.

Grazas á colaboración das familias xa se empeza a respirar o Nadal nas clases, nos pasillos e nas escaleiras. Estes son os primeiros adornos que nos foron chegando e so nos queda felicitar a tod@s polo traballo feito.




As árbores que chegaron de momento están feitas de moitos materiais e de distintos tamaños. Hainos de tela, fieltro, con música e luces de cores, adornados con bolas e pompóns, con campás e Papá Noel e tamén temos dúas árbores que traen como adornos os retratos de cada un d@s nen@s da clase e tamén da profe. As botas tamén aparecen en tea, con algodón, lacasitos....


Moitos seguro que aproveitaron esta ponte para poñerse man á obra. Xa vos ensinaremos como queda o cole! E de novo, moitísimaaaaas grazaaaaas !

3 comentarios:

  1. qué bonito y alegre todo!!!!! me gusta mucho, Felicidades por tanto trabajo. besitos.

    ResponderEliminar
  2. Que preciosidade de árbores! Cada cal mellor. Son uns grandes artistas. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  3. Vaia adornos mais bonitos!! Hai árbores espectaculares. Noraboa aos artistas!!

    ResponderEliminar