lunes, 1 de junio de 2015

IMOS DE EXCURSIÓN

A piques de rematar o mes de maio marchamos de excursión. Marchamos en autobús cos nenos e nenas de Educación Infantil da Uceira. Foi unha viaxe xenial, xa que ninguén se mareou.



O noso primeiro destino foi o parque de bolas de Indiana Bill, na Ramallosa.




Despois de tanto xogar necesitábamos ir repoñer forzas. O lugar escollido foi o parque que está ao lado do Parador de Baiona. Buscamos as sombriñas e puxémonos a comer. Rematada a comida a xogar no parque.



Pola tarde e en pequenos grupos visitamos a Pinta e atravesamos unha larga pasarela que ía por enriba da auga. 



Os máis maiores, mestres os pequenos estaban na Pinta aproveitaron para probar a auga da praia. 

1 comentario:

  1. Que ben o pasaron! Sen dúbida unha gran excursión que non olvidarán. Unha aperta.

    ResponderEliminar