martes, 13 de octubre de 2015

Para que serven as pegadas??

As pegadas serven para facer moitos traballiños, poden ser as das mans e as dos pés. Na clase de tres anos estamparon a pegada da súa man en cor vermella.


Pero tamén necesitabamos un voluntario para estampar a pegada do seu pé, xa que o Equipo de Normalización Lingüística do cole propúxonos facer entre todas as aulas un conto de misterio xa que pronto está a chegar o Samaín. Como somos os máis peques e o edificio A tocounos comezar. Despois de estampar, facer un collage, debuxar e escribir a historia comeza así...



As nosas pegadas son moi importantes, xa que non hai unha pegada igual e cada dedo da man ten unha distinta. Son a nosa identidade. Ïso é máis complicado, por iso foi un traballo dos mandilóns verdes, os nosos maiores.


2 comentarios:

  1. Encántame o comezo do voso conto. Estou intrigadísima. Que pasará? Ademais moi bo traballo coas pegadas dixitais. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Qué chulada!!!! Haberá que esperar para coñecer ese intrigante misterio....

    ResponderEliminar