Nesta etapa na que nos atopamos é fundamental traballar os sentimentos, as emocións e facémolo do mellor xeito posible, traballando en equipo tod@s. O conto escollido para traballas é O MONSTRUO DE CORES de Anna Llenas. Este monstruo está feito un lío, ten todas as emocións mesturadas e non sabe como facelo. Cal será a solución? Moi sinxelo. Separar pouco a pouco as emocións. Pouco a pouco vaino lograr.
E tamén escoitamos a canción.
Debuxamos en papel continuo o monstruo e pintámolo nas distintas cores que expresan as súas emocións.
O consello que recibe o monstruo e o de separar as emocións e metelas en tarros para poder ordenalas. E así o fixemos cos peques.
AMARELO = ALEGRÍA
AZUL = TRISTURA
VERMELLO = RABIA
NEGRO = MEDO
NEGRO = MEDO
VERDE = CALMA
Unha vez que xa están colocadas descubriremos unha nova emoción e faremos un pequeno libro deste conto. Aquí está a portada.
Tamén na páxina da súa autora podedes atopar recursos que se poden imprimir de xeito gratuíto cos que traballar o conto. Pincha aquí.
Xa vos ensinaremos como quedan os nosos monstruos rematados e o libriño tamén.
No hay comentarios:
Publicar un comentario