O Equipo de Normalización Lingüística coa chegada do Samaín propúxonos a todos a elaboración dunha receita que metera un chisco de medo. Buscamos algo que puideramos facer entre todos e axeitada á celebración. Ademais tamén era importante poder probar, saborear. Os ingredientes tiñan que ser coñecidos polo peques e a elección foi do máis axeitada: flocos de millos, galletas e chocolate. Con todo preparado so quedaba poñerse man á obra.
Cal ía ser un resultado? Unha terrorífica caveira que se comía.
Agora a caveira de flocos de millo vai camiño da Uceira para facer compañía a todas as receitas do cole. Esperamos que todas sexan tan divertidas e comestibles como esta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario