jueves, 6 de abril de 2017

Hoxe pola mañá saímos de paseo!!!!!

A piques de rematar o trimestre e moi próxima a Semana Santa, a Cofradía Vera Cruz de O Carballiño fixo posible que á nosa vila chegara unha exposición de Playmobil co gallo desta celebración, e alá fomos todos ilusionados.


Xa dentro do Templo da Veracruz puxemos toda a nosa atención para non perder ningún detalle. Había un traballo moi especial: atopar dous personaxes disfrazados de diaños ou demos, pero eran bos. Moitos dos peques puideron atopalos aínda que estaba a profe Ana para axudar a algúns. Imos a darvos pistas de onde se atopaban para que vos sexa moito máis sinxelo atopalos.



Rematada a visita tocaban fotos de grupo e tamén xogar no parque que alí se atopa.



Foi unha mañá xenial!!!!!!!!

1 comentario:

  1. Seguro que disfrutaron moitísimo. Moi boas e merecidas vacacións. Unha aperta.

    ResponderEliminar