É o número 8. Ademais os veciños de arriba dos peques de 4 anos son os peques de 5 anos, que aproveitando que a tarde do xoves está adicada a traballar o espazo andiveron de paseo polos planetas do sistemas solar, que por suposto, son oito. Aprendemos os seus nomes, e algunhas das súas características: o máis pequeno, o máis cercano ao sol, o máis lonxano, ... Ao rematar quedaron ganas de xogar co 8.
Traballámolo con palas, coa casita da familia do 0 e tamén con material de ABN que temos no cole.
Tamén traballamos a pandilla do número 8, engadíndolle unha decena. Así aparece o 18, 28, 38, 48...
Pero ás veces necesitamos poñer ou quitar para chegar ao número que queremos, polo que traballamos as sumas e as restas e iniciámonos na resolucións de problemas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario