miércoles, 17 de mayo de 2017

LETRAS GALEGAS 2017

Este ano adicadas á figura e obra de Carlos Casares. Para achegarnos a el o primeiro paso era debuxalo, facéndolle unha caricatura na súa honra. Despois tocaba saber un chisco das súas obras, sobre todas as adicadas aos nenos. Así coñecemos Vento Ferido, A Galiña Azul, O can Rin e o lobo Cripín, Lolo anda en bicicleta e as Laranxas mais laranxas de tódalas laranxas.












Se algo lle encantaba a Carlos Casares eran os trens e tivémolo en conta á hora de facer o noso mural deste ano. É a Galiña Azul a que simbolicamente conduce outras obras de temática para nenos que este autor escribiu, que representan ao noso idioma que Casares tanto quixo e do que todos estamos a disfrutar.


O xoves pola tarde fixemos as fotos de grupo


 E lembrándonos da Galiña Azul decidimos plantar un chisco de herba para que fose feliz.
 Esperemos que con todos os coidados que lles imos a dar teñamos moito, moito verde. 
Xa volo iremos contando!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario