miércoles, 21 de junio de 2017

Rematamos o proxecto da India.

Na clase de tres estivemos aprendendo cousas da India. Os animais que máis lles chamaron a atención aos peques foron os elefantes. Puxémonos mans á obra e cada un foi quen de debuxar o seu.


Tamén aprendemos que na India visten de forma distinta a nós e celebran un "festival de color". Nós tamén quixemos celebrar o noso, así que con xices de cores deseñámolo e o resultado foi este:



Para rematar o noso proxecto adornámonos con cores especiais e convertímonos en elefantes sagrados.




No hay comentarios:

Publicar un comentario