domingo, 22 de octubre de 2017

MOTIVACIÓN E DIVERSIÓN


Así é como traballamos as matemáticas con ABN, un método aberto baseado en números. Os nenos traballan cantidades concretas,  manipulando, construíndo e descubrindo as relacións entre eles:
     -É aberto porque se pode chegar á solución correcta de diferentes maneiras
     -Baseado en números, dando valor e sentido á cantidade e non á cifra en sí.
Todo iso tráballase desde o nivel manipulativo e vivenciado para chegar ao nivel simbólico.
Como metodoloxía aberta os alumnos aprenden ao seu ritmo, con situacións próximas e materias manipulables.
Para iso elaboramos materiais tanto para traballar nas rutinas da asamblea como ó longo da xornada.



Así na aula de 3 anos están traballando o número 1: metendo 1 caramelo no bote, coa galiña poñendo ovos e relacionan coas tarxetas do número,punto, dedo da man...




      
          Na aula de 4 nas rutinas poñen a data con pezas de lego, poñen botóns nos carteis das
decenas,buscan os veciños e fan pauciños...




    Na aula de 5 están  traballando os amigos do 10 , metendo tapas nas bolsas para facer decenas e  repasando a descomposición do número 6.



No hay comentarios:

Publicar un comentario