Preparámonos para celebrar o festival de Nadal. O primeiro que fixemos foi poñer os nosos gorros de Papá Noel e todos xuntos fomos á Casa da Cultura para celebrar o gran día.
Tivemos uns magníficos presentadores que animaron cada actuación. Aprenderon unhas rimas para presentar a cada aula.
Visionamos o videoclip de 6º C e recibimos a visita dun representante da ANPA que lle entregou o seu premio a Jimena polo concurso de cabazas de Samaín.
Tamén vimos unha presentación especial que elaboramos coas fotos de nenos e nenas e máis das profes. Aquí deixamos o enlace para que vos quede de recordo: NADAL 2017 VÍDEO
Comezaron actuando os de cinco co baile "Macarena Christmas". Fixérono fenomenal!!
A continuación os de catro recitaron un poema de Nadal e cantaron a canción "Santa Claus llegó a la ciudad".
Os peques do cole estreáronse coa canción "Chegou o Nadal" e foron uns auténticos campións.
Rematamos todos xuntos cantando as cancións: "Tres pastelitos" e máis a canción "Obladí, obladá".
Grazas familias pola vosa presenza este día, para eles foi un día moi especial despois de adicar moito tempo a ensaiar nas aulas.
O último día de cole celebramos a merendola de Nadal para despedir o trimestre. Pasárono xenial como vedes nestas fotos.
E ademais de pasalo tan ben, levamos para casa uns traballiños de nadal do máis chulis. Velaquí tedes a mostra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario