Etiquetas interesantes.

sábado, 12 de mayo de 2018

Aprendemos moitas cousas sobre o espazo.

Damos por rematado o noso pequeno proxecto do universo, de forma divertida foron aprendendo unha morea de cousas 

Cun pouco de fariña mesturada con témpera branca decoramos unha lúa conseguindo así darlle un pouco de volume. Logo estampamos con tapóns de botellas e fixémoslle os seus cráteres.



Cun globo mollado en témpera azul e verde fomos capaces de conseguir o noso fermoso planeta terra.



Fabricamos o noso foguete espacial para viaxar polo universo empregando a nosa man estampada en pintura branca. Recortamos, debuxamos e tamén escribimos.




De forma lúdica, coa recta numérica localizamos o día do mes no que nacemos e adiviñamos o noso símbolo do horóscopo. Non nos podiamos confundir porque en cada mes hai dous signos. Había que prestar moita atención!!



Unha vez que coñecemos o noso horóscopo só quedaba descubrir cal era o seu debuxo e o seu símbolo. Todo un reto...Situamos a carón de cada debuxo a nosa foto e fomos á procura do noso símbolo na alfombra.




Cos carteis das constelacións como referencia foron capaces de elaborar cada un a súa. E a modo de repaso do conteo comparamos as estrelas que tiña cada constelación.




E rematamos con xogos abn de astronautas e foguetes espaciais. 

                       Cos astronautas xogamos a asociación número-cantidade.


Cos foguetes artificiais plantexamos resolución de problemas, decomposicións e sumas. Unhas veces coñeciamos o resultado da suma, outras veces os sumandos, outras veces o resultado e un sumando....Foi un xogo que lles encantou e que segue formando parte dos recantos da clase.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts with Thumbnails Gracias - Mensajes y Imágenes!