sábado, 19 de mayo de 2018

ASÍ REMATAMOS A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS



Para coñecer un pouco a autora homenaxeada este ano en Galicia...





Seguindo as indicacións do Equipo de Dinamización da Lingua elaboramos un mural.





Fixemos unha foto de grupo para que nos quedara o recordo das Letras Galegas deste ano.








Xa só nos quedaba bailar a canción que durante semanas estiveron a practicar en distintos momentos do día.



Se pinchades enriba da palabra "baile" podedes ver que ben bailaron o "Pirimpimpín".

                                                              BAILE


Para algúns estas foron as súas primeiras Letras Galegas. 
Tocaba en primeiro lugar coñecer o nome da escritora a que estaban adicadas este ano: María Victoria Moreno.  Fixémolo cunha ficha e traballando co Edilim que elaborou o Seminario Galán na pizarra dixital.




Coñecida a escritora traballamos con algúns dos seus libros, como  O Cataventos onde o protagonista era un galo  chamado Don Pío.


Despois tocou Xa non teño medo ! onde había un armario cheíño de animais que nos tocou contar coa axuda do ABN.


E para rematar a festa, chegou o postre en forma de bica coa obra titulada  Un cachiño de bica ? que nos axudou a coñecer os ingredientes máis importantes cos que temos que contar se queremos facer unha ríquisima bica.
     
              Na clase de 4 e 5 anos tamén se fixeron traballos a partir dos libros da autora:









No hay comentarios:

Publicar un comentario