jueves, 20 de diciembre de 2018

Derradeiros traballiños do ano.

Esta última semana de trimestre foi intensa para os peques. Foron días nos que as actividades romperon un pouco a rutina á que están acostumados, pero foron capaces de ensinarnos o ben que ensaian e o esmero co que preparan moitos adornos para levar para a casa. Tamén rematamos os últimos traballiños do ano.

    Na clase de tres...









Na clase de catro....acivro, candeas, postais... pero tamén outros traballiños.
A postal de Nadal que fixemos entre todos converteuse nunha ficha máis, na que cada un puxo o seu toque persoal.
Despois traballamos o debuxo a partires dun círculo e debuxamos un reno, un boneco de neve, unha bola e a Papá Noel. Con este últimos traballamos distintos trazos, facendo que a súa barba fose moi colorida e divertida. Traballamos cos números e disfrazámonos de renos.







Na clase de cinco... Anxiños, árbores de nadal e calcetíns van de camiño para casa, senón chegaron, están a punto...









Xogamos coas sumas, iniciándonos nas pirámides numéricas. Primeiro creamos a árbore de Nadal  con aros; tocaba prestar atención para ir facendo as correspondentes sumas. Primeiro sumámonos entre nós, logo colocando tapas nos aros e, por último, facendo números.











Nestas datas tan especiais, unha figura que encanta aos nenos e nenas é a árbore. Na clase aproveitamos para elaborar a nosa árbore e repasar con ela as sumas.


                                      Logo tocou o traballo na ficha...

                          E ata nos metemos nunha bóla de neve porque se achega o inverno. Que frío!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario