lunes, 14 de enero de 2019

VISITA Á BIBLIOTECA DA CASA DA CULTURA

Hoxe foi un día de visita á biblioteca que temos ao lado do cole. Uns escasos metros nos separan dela, así que nos achegamos despois da invitación recibida.










Cando chegamos, Teresa explicounos que tiña unha sorpresa para todos os nenos e nenas de Carballiño: pronto ía chegar o polbo Martiño de moi lonxe, traería sorpresas para todos os nenos e nenas que quixeran achegarse á biblioteca, os luns e mércores despois do cole. Así que xa o sabedes, se queredes desfrutar dos seus contacontos e talleres despois do cole...o polbo Martiño espéravos!!








Tamén este fantástico polbo nos deixou unhas galletiñas a modo de agasallo... Grazas!





E ata houbo un sorteo, onde os encargados de cada clase foron os que sacaron uns papeis cos números premiados... Velaí os agrazados no sorteo!!








Desfrutamos tamén lendo contos, e a profe Carla animouse a contar un dos últimos contos de Kalandraka, recén chegado á bilioteca.














No hay comentarios:

Publicar un comentario