viernes, 8 de febrero de 2019

PORTUGAL INUNDA AS AULAS DE INFANTIL DO CALVO SOTELO.

Dende o Equipo de Biblioteca animarónnos a participar na elaboración dun libro viaxeiro entre todas as aulas do noso cole. Este ía ser un conto especial, xa que cada aula tería que elexir un país europeo, e a partir del elaborar tres páxinas: xeografía, historia e cultura do país. 

Nós eliximos o veciño PORTUGAL.
Unha vez rematadas as tres páxinas do libro, velaquí tendes o resultado. Foi un traballo cooperativo co que foron empezando a coñecer cousas deste país.










Pouco a pouco iremos coñecendo en profundidade máis cousas de Portugal. 

Todas as aulas teñen asignado un país europeo para a elaboración do seu disfraz de Entroido. O noso país de referencia vai ser Portugal e ...xa vos anticipamos que os nosos peques van ir disfrazados de galo de Barcelos, un traballo laborioso que xa estamos comezando. 
Para engalanalos e poñelos guapos e guapas para o desfile de Entroido na Uceira, tendes que vestilos de negro. Así que xa podedes mercar: polar, xersei negro (parte de arriba negra) e pantalón ou medias cor negra. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario