viernes, 8 de marzo de 2019

E DESPOIS DO ENTROIDO DAMOS POR REMATADO O PROXECTO DE PORTUGAL

Cantas cousas aprendemos do noso veciño Portugal...



Aprendemos onde está situado, moi preto de nós, e tamén coñecemos as cores da súa bandeira e o escudo. Encantounos poder decorar a súa bandeira.




Como nos disfrazamos de galos de Barcelos, aprendemos moito sobre este animal: as súas cores e como está decorado. Por iso quixemos facer unha imitación del nas nosas fichas, e así de bonito nos quedou!









Aproveitando un troquel do noso libro, fixemos unha escultura do galo de Barcelos , empregando arxila branda e dando forma, pintando con pincel, decorando con bastonciños...







Tamén traballamos un pouco o abn, convertindo os claveis portugueses, símbolo de paz en Portugal, en crucinúmeros. As carabelas elaboradas tamén nos deron xogo para traballar o abn.






E, como non, o número vintecinco foi o protagonista desta ficha, pois ese día é histórico para Portugal.



Na clase de 4 tamén traballamos os mesmos elementos que nos achegou ao noso veciño Portugal.

 



                 Na aula de 3 tamén pasamos por Portugal para celebrar o Entroido





No hay comentarios:

Publicar un comentario