viernes, 15 de marzo de 2019

VISITA ESPECIAL NA SEMANA DA PRENSA

Esta semana tivemos unha visita especial, xa prometida.
Teresa, a bibliotecaria prometéranos devolvernos unha visita para ensinarnos o novo amigo que ía chegar á biblioteca: o polbo Martiño.
 Esta semana, coincidindo coa semana da prensa, encantounos recibila e coñecer a súa historia.

"Un polbo chamado Martiño que vivía no fondo do mar, tivo que deixar á súa familia e irmáns o día que cumpría un ano. Tiña que incorporarse ao seu traballo en Carballiño. Todos lle fixeron os regalos pertinentes para despedilo. Como sabían que ía pasar en Carballiño moito frío, os seus papás, irmáns e amigos regaláronlle moitos calcetíns: de rombos, de raias...e como non sabía que facer con tantos calcetíns, decidiu facer unha corda para xogar con  todos os seus amigos e despedilos ese día. O único que ía acompañar na viaxe a Martiño ía ser o seu sobriño Luisiño, que ía ser o axudante bibliotecario. Martiño, polo contra ía ser o novo bibliotecario.
E así, hoxe chegou ao noso edificio para presentarse..."



Todos escoitaron atentos o conto do polbo Martiño, pero moi, moi atentos...



Algúns ata tiveron a sorte de probar o sombreiro máxico de Martiño... e todos fixeron un xogo que traía preparado para nós Martiño.










Cando nos despedimos de Martiño e Luisiño, deixáronnos de agasallo uns debuxos que levamos para a casa, e se queremos temos que decoralos e levarllos ata a biblioteca...Igual  nos dá un premio por eles....



Nas aulas celebramos  a semana da prensa de diferentes maneiras... e ata desfrutamos no patio dun novo espazo de xogo diseñado para esta semana.







Os máis maiores que xa case dominan todas as letras do abecedario, animáronse a converterse en xornalistas por un día, e cada un creou a súa propia noticia: noticias que foron de deportes, moda, animais, sucesos...



Tamén buscando nos xornais, ademais de coñecer o que contén a portada, exploramos as distintas seccións, e clasificamos as noticias segundo a sección á que pertencían...ata fomos capaces de distinguir as noticias internacionais, nacionais e locais....todos uns expertos xornalistas!









Os medianos aprenderon que as noticias dos xornais comezan cun titular que leva as letras máis grandes e que nos conta en poucas palabras de que vai. Con esas letras cada un dos peques fixo o seu nome, logo picou a súa foto e foi o protagonista do CS XORNAL.


Aproveitamos esas letras tamén para facer unha sopa de sílaba, e como estamos a traballar coa letra p tiñamos que atopar as sílabas pa, pe, pi, po e pu.

Os mais pequenos fixeron a sopa pero de letras, tocou rodear E e A.

E co resto das follas do xornal decidimos facer unha árbore moi especial.



Fomos xornalistas, que son os que escriben as noticias. Aproveitamos que tivemos a visita da bibliotecaria e escribimos e ilustramos a noticia.


Colocamos o noso quiosco. Faltábanlle algúns números.



Hoxe aproveitando que tiñamos moitos xonais na clase e tendo en conta que era día 15, contamos xornais, agrupamos 10 para que fose mais sinxelo contalos, coas mans.



E para rematar traballamos coa grafía do número seis e repartimos seis xornais de xeito divertido.






No hay comentarios:

Publicar un comentario