lunes, 24 de junio de 2019

FESTIVAL FIN DE CURSO E GRADUACION


Toca rematar curso e celebrar o noso festival. Por iso, a familia do cs ao completo subiu ata a Uceira en bus para compartir cancións e bailes e desfrutar cos nenos e nenas; algúns dos cales, para o curso que vén, igual se convertirán en novos amigos e amigas.








Estabamos todos preparados e listos para cantar e bailar a nosa canción "El monstruo de la laguna", para iso estivemos ensaiando estas últimas semanas...









De volta do festival, os mandilóns laranxas e vermellos acompañaron aos mandilóns verdes á Casa da Cultura, para despedilos e celebrar a súa graduación, xa que para o ano comezan en primaria.
Os mandilóns verdes cantaron e bailaron a canción "RHYTHM GRADUACION"  e recitaron un poema de despedida. 








Agora, xa graduados poden lucir os seus birretes... que ata estes días só os desfrutaron neste photocall.
















Día de moitas emocións, bágoas...






Estes mandilóns verdes "voan" para primaria, despois de tres anos de xogos, diversións e moito máis que non se pode explicar en palabras. Desexámoslle o mellor, sempre formarán parte de nós!!!!!!


Tamén nos toca "voar" a nós...profe Isa. Foron anos de complicidade, convivencia, risas, traballo, e dun día a día que nunca esqueceremos. O cs converteuse durante estes anos na nosa segunda casa...


Aínda que as profes Carmela e Lupe marchamos, sempre vos levaremos no noso corazón.

Moitas grazas, profe Isa.

 Moitas grazas compañeiros e compañeiras de profesión.

 Moitas grazas familias. 

Un rotundo GRAZAS...











No hay comentarios:

Publicar un comentario