jueves, 13 de junio de 2019

PROXECTO MENIÑOS



Recibimos unha proposta educativa que nos ofreceu  MENIÑOS  para traballar a educación emocional en educación infantil.
Aproveitamos esta ocasión para traballar nas distintas aulas a importancia das emocións, adaptando o proxecto á idade dos nosos alumnos e alumnas.
As actividades foron do máis variado.
As imaxes reflicten o aprendido na aula relacionado coas emocións...


Coñecemos aos personaxes principais: Draco, un dragón que tiña que controlar as emocións, a fada Andreia que lle axudaba nesa tarefa e o sabio que nos fixo unhas preguntas moi interesantes....





Preguntas as cales, nós demos resposta.



Elaboramos o noso Draco das emocións, que estivo preto da nosa etiqueta todos os días para que expresaramos como nos sentiamos en cada intre.







Para fomentar a nosa autoestima, completamos a nosa estrela das habilidades e con todas elas fixemos o paseo da fama das estrelas.




E tamén como nos consideramos elementos únicos, con gustos, intereses e preferencias distintos así o expresamos e o reflectimos na nosa ficha das nosas cousas preferidas.








Un proxecto moi completo sobre un tema interesantísimo na educación dos nenos e nenas: as súas emocións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario