lunes, 21 de octubre de 2019

Experiencias sensoriais.

Grazas aos órganos dos sentidos aprendemos e interactuamos co noso entorno. A semana pasada estivemos a traballar cos sentidos menos coñecidos, pero non por iso menos importantes: o gusto e o tacto.

Comezamos con froitas de outono como a mandarina e a granada. Diferencia entre liso e rugoso. Despois había que probala. En xeral, gustoulles bastante.




Rematada a degustación e aproveitando unha bolsa de tea que había na clase decidimos meter cousiñas dentro dela. O xogo,  moi sinxelo, recoñecelas so tocando. 


Como xa sabían como era una granada, Poqué a mascota de 5 anos, deixoulles unha para facer.


A cesta quedou cheíña de todo. Noraboa peques !!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario