miércoles, 18 de diciembre de 2019

E chegou o día do festival.

Despois de moitos días de ensaios por fin chegou o día do Festival de Nadal. Por mor das obras na Casa da Cultura nada máis chegar ao cole collemos o bus para ir á Uceira. 
Estiveron moi atentos ás distintas actuacións.


Comezaron os mais peques coa canción Pompas de cores.



Os maiores resolveron un problema que tiñan os Reis Magos a modo de poesía. E logo achegaron aos dinosaurios ao Nadal.



Os de catro anos cantaron e  bailaron Muñeco de nieve, coas súas mellores galas.



Rematamos todos xuntos no escenario con Tres pastelitos.


E como non podía ser doutro xeito, rematamos as actuacións do CS cun vídeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario