miércoles, 12 de febrero de 2020

Hoxe tivemos visita no cole.


Unha moi especial que viña cargada dun cestiño moi especial. Tratábase de Anxo Moure con Contos na Casa das Árbores que nacen do desexo de todos os nenos de ter unha casiña nunha árbore. 

Foi unha árbore, un carballo, o que nos contou a historia e nos fixo comprender a importancia de salvar os bosques. Cantamos: un papeliño para o cestiño, unha latiña para o cestiño, ...
Valoramos a importancia de  non prender lume e si de prantar moitas árbores.
E como non podía ser doutro xeito nomeamos unha morea de árbores que viven nos nosos bosques como o teixo, freixo, acivro, aciñeira  e tamén de froitos que nos dan as árbores e que simbolicamente comemos: mazá, pera, ameixa, pexego, ...
Os peques imitaron, cantaron e bailaron,  participando activamente da historia. 






No hay comentarios:

Publicar un comentario