miércoles, 28 de octubre de 2020

Ernestina Otero, semente de igualdade, semente de liberdade

Esta semana, na aula de 5 anos, puidemos desfrutar dunha actividade moi interesante que nos trouxeron dende o concello. Tratouse dun conto que nos contaron dun xeito diferente, mentres o contacontos nos relataba a historia dunha mestra galega chamada Ernestina Otero, a cal loitou moito pola igualdade de tódalas persoas,o ilustrador ía facendo unha caricatura da protagonista do conto. Despois ensinoulles aos nenos e nenas como facer a caricatura paso a paso.
Pero os nenos/as quixeron ademais darlle cor e así de chulas quedaron. Foi unha actividade moi divertida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario