Como estamos a traballar co proxecto dos alimentos e os protagonistas da historia fixeron un pan moi especial, nós tamén tentamos facer a masa seguindo a receta e despois de mercar todos os ingredientes necesarios. Todos puxeron o seu empeño e forzas e entre todos amasamos un pan tamén moi especial.
Deixamos reposar a masa e despois cada un levou o seu boliño para meter no forno da casa.
Ao día seguinte a merenda consistiu nuns ríquimos bocatas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario