domingo, 20 de diciembre de 2020

Nadal na clase de 3.

Os meses pasaron e damos por rematado o primeiro trimestre, o primeiro no cole. Atrás quedaron os choros, a mágoa, e xa estamos plenamente integrados.
Por iso xa somos capaces de facer unha morea de cousas: xogar, pintar, falar, picar, cantar,... 
Estamos content@s.


Picamos unha estrela e con todas fixemos unha árbore de Nadal e tamén debuxamos con rotulador unha paisaxe desta época. 



Como non había sitio para tantos bonecos, fixemos esta ficha, que nos lembra que o outono está a piques de rematar e o inverno de comezar. 


Non esquecemos aos elfos que tanto axudan a Papá Noel para que os agasallos cheguen a todo o mundo. 




E por suposto todo o cole levou un adorno para colocar na súa árbore de Nadal.





No hay comentarios:

Publicar un comentario