Aquí poñemos fin a unha etapa que comezou en setembro do 2019 e remata agora, en xuño do 2022. Como pasa o tempo!. Estes cativ@s finalizaron a súa andaina no Calvo Sotelo e como xa se fixeron maiores teñen que seguir camiñando cara a primaria. O luns 20 celebramos un emotivo e precioso acto de graduación que perdurará para sempre no noso recordo e nos nosos corazóns.
O Equipo de Infantil desexámosvos tanto aos peques como ás familias bo comezo e moita sorte na seguinte etapa!
Unha forte aperta!
Graduación Infantil promoción 2019/2022
Vídeo de Graduación:
Orla 5 anos:
Vídeo destes tres anos no CS:
Feliz verán para tod@s!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario