Mostrando entradas con la etiqueta dereitos dos nenos.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta dereitos dos nenos.. Mostrar todas las entradas

miércoles, 20 de noviembre de 2013

Día dos dereitos dos nenos.

Todos os 20 de novembro utilízase para lembrar cales son os dereitos dos nen@s. Aínda que aquí si que se respetan estes dereitos existen lugares no planeta onde os nen@s non disfrutan deles. So nos queda traballar con eles a valorar  importancia de disfrutar deles con vídeos, fichas e xogos.

 

Visto o vídeo traballaremos a ficha. No caso dos peques de cinco anos serán eles os que escriban os dereitos que teñen.

E despois de traballar a xogar.


domingo, 18 de noviembre de 2012

O martes é un día moi importante.

A Convención sobre os Dereitos do Neno nace no ano 1989 e recoñece os dereitos humanos que case todos os países do mundo se comprometen a defender. Grazas a isto millóns de nenos e nenas do mundo puideron acceder a servicios tan básicos para nós como son a sanidade, a educación e a protección. Se queres saber canto días cumplen os teus dereitos so ten que pinchar enriba da imaxe.








Tamén podemos cantar unha canción que recolle moi ben o importante que é o xogo.

   

Se queremos coñecer un a un os dereitos dos nen@s que mellor que Pocoyó para explicarllos. Seguro que lles encantan.



Para traballar nós na aula queremos un mundo cheo de todos eses dereitos.

domingo, 20 de noviembre de 2011

Outro xogo máis...

no que se intenta traballar cos dereitos da infancia. Ademais serve para que repasemos as distintas depencias da casa (tema que estamos a traballar), axudando a Musky, ese canciño branco que so quere xogar connosco. Atopámolo no blog BIBLIOTIC. Pasede a visitalo, merece moito a pena.




sábado, 19 de noviembre de 2011

MAÑÁ É UN GRAN DÍA...

xa que os grandes protagonistas son @s nen@s. O 20 de novembro de 1959 establecéronse dez dereitos básicos que deberán de disfrutar tod@s @s nen@s do mundo.




Los derechos de los Niños - Familia

Enlaces para colorear e traballar con eles esta data tan importante:
-Hojas de trabajo.
-Jugar y colorear.

Tamén a nosa amiga ANA de Aulatic comparte con nós estas fichas coas que podemos traballar e colorear estes dereitos c@s nen@s de educación infantil feitas en galego.


Na web de UNICEF e coa axuda de pocoyó imos coñecer moi ben todos estes dereito. Pincha enriba da imaxe e podedes colorear e ver un montón de vídeo moi axeitados para os máis peques.



Tamén podedes visitar: