miércoles, 18 de noviembre de 2009

O 20 DE NOVEMBRO



conmemórase o "Día Mundial da Infancia" ou tamén chamada "Día Universal do Neno". Este día naceu a partires dunha resolución de Naciones Unidas en 1954 , onde se determinou que ese día sería adicado á fraternidade e á comprensión entre @s nen@s do mundo enteiro e se destinaría a actividades para promover o benestar d@s nen@s do mundo. Posteriormente, en 1989 a Asamblea de Naciones Unidas aprobou a Convención sobre os Dereitos do Neno.
Este ano, celebramos o 20 aniversario desta Convención onde se recollen os dereitos fundamentais dos nenos, entre os que destacan: dereito a unha familia, dereito ao xogo, dereito a intimidade, a vivir en armonía. Se queredes saber máis información sobre o tema podedes visitar este enlace á WIKIPEDIA . Buscando pola rede atopamos estes vídeos que nos axudarán a todos a valorar a importancia de todos estes dereitos, así como a labor realizada por institución coma UNICEF a favor da infancia.



No hay comentarios:

Publicar un comentario