lunes, 23 de noviembre de 2009

A PRIMEIRA HORA DA MAÑÁ..


recibimos a visita de María, antiga alumna do centro e membro da Fundación de Educación para la Salud na clase de 3 anos. Veulle dar aos nen@s uns pequenos, pero moi importantes, consellos relacionados coa hixiene dental
.
Para motivalos e inicialos no tema empregou un material da web chamado Pelayo e os hábitos hixiénicos. Se queres saber de que vai pincha enriba da imaxe e poderás visitalo.







Unha vez finalizado, chegou a parte práctica de coller un cepillo de dentes e aprender como se deben de cepillar.




E ademais, María tamén nos preparou unhas fichas moi chulas para repasar todo o importante.




E como chegaba a hora da merenda e tiñamos que lavar as mans, María axudounos a facelo de forma correcta, observando como o faciamos.






Xa pola tarde, a clase de 4 anos fixemos exercios de estimulación do linguaxe empregando un vídeo de youtube, que nos permitiu repasar e traballar cousas que xa sabiamos. Foi moi divertido, xa que a protagonista era unha vaca.





Ao rematar de ver o vídeo fixemos un debuxo da vaca. A verdade, parécense bastante a ela.


No hay comentarios:

Publicar un comentario