domingo, 24 de enero de 2010

AÍNDA QUE COMEZOU

no trimestre pasado, co Nadal non tivemos case tempo de lembranos del. Xa ben ubicados neste segundo trimestre O INVERNO xa comeza a aparecer no noso cole. Unha boa mostra diso, é o mural da clase de 3 anos.



Como vai moito frío precisamos de roupa que nos abrigue moito. Tendo en conta iso fixemos un xersei moit chulo para non pasar frío ningún.



E se hai un sitio onde faga moito, pero moito frío é o Polo Norte. Dende alí chega este xogo de ordenador para pasar un bo rato. Pincha enriba da imaxe e a xogar.



Deixamos atrás o Polo Norte e imos de viaxe a un lugar moito máis lonxano coa clase de 4 anos.Imos de visita á lúa, e para poder viaxar imos precisar dunhas naves espaciais. Para saber máis cousas sobre a lúa mirade atentamente estes dous vídeos que nos explican un par de cousiñas de xeito sinxelo.


Esta é nosa lúa. Como todos sabedes a superficie da lúa é rugosa. Nós para conseguilo empregamos grans de arroz. E para iluminar o firmamento fixemos as estrelas con papel de aluminio. Despois da explicación puxémonos tod@s a traballar. O resultado perfecto.




E A POÑER ESTRELAS


Se quereder saber máis cousas sobre o universo e os planetas pinchade enriba da imaxe, hai de todo.



E se queredes repasar as formas xeométrica atopamos un xogo que vos convirte en artenautas, en lugar de astronautas. Agocha sorpresas.



E despois de viaxar ata tan lonxe, ímonos quedar preto da casa. Aínda que esté cerca é para todos nós moi importante. Como xa sabedes tod@s este ano celébrase o XACOBEO 2010.
Por ser Ano Santo, polo PAÍS DAS LETRAS, non paraban de pasar peregrinos de diferentes lugares. Uns viñan por un camiño e outros viñan polo outro.
Este peregrino viña dun país afastado, onde o seu traballo era de "jardinero", que son os que coidan das plantas, pero é que no seu País, non había moita vexetación e como el tiña pouco traballo, decidiu burcar noutro sitio e por iso fixo esta viaxe ata a clase de 5 anos.





E para rematar un chisco a xogar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario