miércoles, 20 de enero de 2010

DESPOIS DUN COMEZO...

un pouco frío e accidentado xa estamos todos preparados neste segundo trimestre.
A avaría da calefacción fixo que durante dous días @s nen@s de 3 e 4 anos conviviran xuntos na aula de música. Botaron moito de menos as súas clases pero traballar foron traballando.






Neste segundo trimestre estamos a traballar cos xoguetes, o tempo de lecer e no caso dos de 3 anos tamén a casa. Para iso que mellor que botar man dunha peza de música clásica coñecida por todos como é A SINFONÍA DOS XOGUETES DE MOZART.



E sempre, despois de xogar, toca recoller coma no cole.Caillou neste episodio recolle os seus xoguetes.


E como remate para o día de hoxe un xogo chamado XOGUEMOS COS XOGUETES. Esperamos que xoguedes ben. Coma sempre, hai que pinchar enriba da imaxe para comezar.


No hay comentarios:

Publicar un comentario