domingo, 31 de enero de 2010

MÁIS VISITAS...

Lembrades que era Ano Santo e polo País das letras pasaban moitos peregrinos? A que peregrino xa coñecemos? Moi ben, ao peregrino J que viñera polo camiño da auga, para poder ver lugares con moita vexetación.
Pois, aos poucos días apareceu por outro camiño, polo camiño da pedra, outro peregrino, o peregrino Y.
Ninguén sabía como falaba ata que atopou coa princesiña i, que non quería comer máis merenda e estaba chorando, iiii! O peregrino achegouse a ela, e cal sería a sorpresa da princesiña I cando o escoitou falar iiiii!, falaba igualiña ca ela.
Foron ao castelo dos reis para presentarllo. Alí o peregrino cantoulles que cando el vai só nas súas viaxes fala como a princesiña I pero que cando se xunta coa U, A, E, I, O fala moi parecido a un personaxe do País das letras, ao porteiro LL: yu, ya ye, yi, yo. E que no seu País existen palabras como: yo, yate, yema, yeso, yegua, payaso,...
Toda a Familia Real quedou moi contento de coñecer ao peregrino Y. E vós?

Os nen@s de 5 atoparon moi ben a este peregrino.


E aproveitando a visita do peregrino Y, na clase de 4 dironlle a benvida ao ENTROIDO, debuxando estes paiasos (Payasos no País do peregrino Y).



E @s nen@s de 3 aproveitaron a ocasión para construír torres altas e baixas para que o paiaso as puidera tirar, e dese xeito, facernos rír.



1 comentario:

  1. Quero felicitarvos por este blog e agradecer o voso esforzo que nos permite acceder á vida escolar dos nosos fill@s.
    GRAZAS
    Con que nos van sorprender os espantallos?

    ResponderEliminar