lunes, 19 de abril de 2010

CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN

do Día do Libro o 23 de abril, a ANPA A Uceira montou un exposición de libros infantís para conmemorar esta data e que comezou no noso edificio. Deste xeito a entrada do cole converteuse nun improvisado recanto de libros que foi visitado pol@s nen@s de 3 anos. Despois de mirar con moita atención chegou o momento de coller os libros e ollalos, con moito coidadiño, pasando as follas unha a unha.


Os de 4 anos, que están a traballar coas plantas e os alimentos de orixe vexetal, centráronse na lectura dun libro en concreto.

A historia resultoulles moi simpática. O protagonista do conto tiña un nome moi singular: Pelostortos, e tiña un pequeniño defectos, non lle gustaba nada compartir.


Eles non perderon detalle de nada, ademais serviu para ampliar vocabulario sobre a unidade na que están a traballar, e que os nenos da ilustración están a comer.

Ollando a súa cara, os figos deben de estar moi bos.

Estas e moitísiiiiiiiiiiiimaaaaaaaaaas cousas máis se poden facer cos libros. Como mo ben dí esta canción de Migallas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario